CRTVG

Buscar

Detido en Vigo por acoitelar o home que atopou espido na súa casa e coa súa parella

Publicado o 09/06/2020 12:39

Detido un home en Vigo por acoitelar o amante da súa parella. O suposto agresor chegou ao seu domicilio ao saír de traballar antes do que acostumaba, e atopou a súa parella cun home, ambos os dous espidos no salón.

Houbo unha pelexa entre os homes, e, nun momento dado, o agresor colleu un coitelo e acoitelou o mozo, de 28 anos. A muller fuxiu á rúa semiespida, onde a atopou a Policía Nacional, que acudiu socorrer a vítima. O suposto agresor foi localizado pouco despois na casa da súa nai e non opuxo resistencia á autoridade.

 

Noticias web

09/06/2020