CRTVG

Buscar

Detido en Toledo un menor acusado de matar a tiros o pai e a súa parella

Publicado o 14/05/2020 13:50

A Garda Civil detivo un menor de idade como suposto responsable da morte a tiros dunha parella na localidade toledana de Villajero de Montalbán.

O rapaz, de 17 anos, é o fillo do home asasinado.O tiroteo ocorreu pasadas as nove da noite nesta parcela da localidade toledana de Villarejo de Montalbán.

As vítimas son un home de 38 anos e a súa parella de 25. O cadáver do varón presentaba polo menos dous impactos de bala nas costas.

Como suposto autor do dobre homicidio, a Garda Civil arrestou o fillo menor de idade do home falecido.

O rapaz, de 17 anos, non opuxo resistencia ao arresto. Tanto o suposto homicida como as vítimas son de nacionalidade brasileira.

"El levaba (aquí) polo menos 25 anos, e ela polo menos seis anos".

O suposto homicida permanece custodiado pola Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.

Noticias web

14/05/2020