CRTVG

Buscar

Detido en Sevilla un home tras confesar que matou a súa actual parella, unha muller de 69 anos

Publicado o 26/01/2019 19:50
Detido en Sevilla un home tras confesar que matou a súa actual parella, unha muller de 69 anos

Un home, E.V.T., de 68 anos de idade, foi detido esta tarde na localidade sevillana de Dos Hermanas tras confesar que matou a súa parella, R.R.R., de 69 anos, no domicilio no que convivían, no barrio das Portadas. Unha filla, das tres que tiña o matrimonio, tamén alertou ao 112 do sucedido. 

Ao parecer, o crime aconteceu despois dunha discusión. Non consta que houbera denuncias previas

Noticias web

26/01/2019