CRTVG

Buscar

Detido en Sevilla un atracador ao que se lle atribúen unha decena de roubos

Publicado o 21/05/2020 14:27

As forzas de seguridade detiveron en Sevilla un home ao que se lle atribúen unha decena de roubos cometidos en establecementos de alimentación de capital andaluza e localidades próximas.
O detido, que tiña un cómplice aínda sen identificar, utilizaba unha pistola simulada para amedrentar as súas vítimas e unha moto para desprazarse.
Impútanselle os delitos de roubo con violencia, contra a seguridade do tráfico e desobediencia grave.
Despois de tomarlle declaración, o xuíz enviouno a prisión.

Noticias web

21/05/2020