CRTVG

Buscar

Detido en Pontevedra un mozo de 20 anos por presunta agresión sexual a unha menor en Sanxenxo

Publicado o 21/08/2019 11:14
Detido en Pontevedra un mozo de 20 anos por presunta agresión sexual a unha menor en Sanxenxo

A Garda Civil detivo a un mozo de 20 anos no seu domicilio de Pontevedra pola presunta agresión sexual a unha rapaza de 17 anos no recinto do porto deportivo de Sanxenxo o sábado pasado.

O mozo pasou a disposición xudicial o luns e, ao final da declaración perante o xuíz, foi posto en liberdade con cargos e coa prohibición de aproximarse á rapaza e sen poder comunicarse con ela; amáis terá que persoarse no Xulgado de Cambados cada quince días, segundo o dictame do xuíz de garda.

A versión que se coñece dos feitos, é que o sábado pola noite ambos accederon a zona dos pantaláns do porto deportivo e subiron a unha embarcación de recreo que estaba amarrada nunha zona alonxada dos locais de copas, cando non había ninguén dentro e sen permiso dos propietarios. Supostamente, alí o mozo agredediuna sexualmente e a moza conseguiu escapar e axiña interpuxo unha denuncia no posto da Garda Civil de Sanxenxo.

Noticias web

21/08/2019