CRTVG

Buscar

Detido en Ourense un coruñés por estafar 37.000 euros facéndose pasar por un dentista

Publicado o 02/06/2021 21:16
Detido en Ourense un coruñés por estafar 37.000 euros facéndose pasar por un dentista

Un falso dentista quitoulles a catro mulleres máis de 37.000 euros. A Policía Nacional detivo este home nun hotel de Ourense como presunto autor dun delito continuado de estafa. O arrestado gañaba a confianza das vítimas en cafeterías e ofrecíalles subvencións para o arranxo bucodental. Unha das mulleres adiantoulle máis de 30.000 euros. Outra mesmo foi a súa parella sentimental.

O falso odontólogo, de 45 anos e natural da Coruña, quedou en liberdade tras prestar declaración.

Noticias web

02/06/2021