CRTVG

Buscar

Detido en Ourense por conducir bébedo e sen carné

Publicado o 26/08/2020 19:15
Detido en Ourense por conducir bébedo e sen carné

A Policía Local de Ourense denunciou un condutor que triplicaba a taxa de alcol e conducía sen carné. Foron os veciños da zona os que alertaron os axentes, contra as nove e media da mañá. O home, de 28 anos, realizaba manobras perigosas nunha rúa da cidade, con síntomas de estar bébedo. Cando chegaron os axentes, fixéronlle a proba e comprobaron que triplicaba o máximo permitido. Iniciaron as dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Noticias web

26/08/2020