CRTVG

Buscar

Detido en Olivera, Badaxoz, o autor dun atraco que vestía uniforme da Garda Civil

Publicado o 16/01/2019 20:12

A Policía Nacional detivo hoxe un home que, ataviado cun traxe e gabardina de garda civil e portando un tricorne, atracou este luns unha sucursal bancaria en Badaxoz, da que levou preto de 3.000 euros.

De 52 anos e con numerosos antecedentes policiais, o agora arrestado accedeu arredor das 9:00 horas ao interior dunha entidade bancaria en Badaxoz. Entrou vestido de garda civil, portando unhas lentes escuras e ataviado cunha gabardina en que ocultaba unha suposta arma de fogo, a mesma coa que intimidou a traballadora do banco. Despois de que lle dera algúns billetes por un valor total de 2.490 euros, o atracador, coa mesma tranquilidade coa que entrou, saíu do banco.

Das investigacións fíxose cargo a Brigada da Policía Xudicial de Badaxoz, que, tras varias xestións, como a toma de declaración da empregada do banco e doutras testemuñas e o visionado as imaxes das cámaras de seguridade, lograron determinar a identidade do atracador. Este último foi localizado nun establecemento de hostalería da localidade de Olivenza (Badaxoz), e no momento do seu arresto portaba 1.800 euros.

Noticias web

16/01/2019