CRTVG

Buscar

Detido en Meira cando circulaba bébedo cun patinete que incorporaba o motor dunha rozadora

Publicado o 02/09/2020 21:18

Presten atención ao patinete que imos amosarlles agora. O dono cambioulle o motor orixinal polo dunha rozadora. Tamén reforzou o chasis e instalou un depósito de combustible e un acelerador. Fixo un patinete rápido, pero saíulle caro. O home detivérono por exceso de velocidade cando circulaba pola estrada nacional en Meira. E ademais deu positivo no control de alcolemia. Agora enfóntase a unha multa de mil euros e á perda de seis puntos do carné.
 

Noticias web

02/09/2020