Detido en Málaga un maltratador agochado no caixón dunha cama
Publicado o 04/12/2020 13:59
A policía detivo en Málaga un home acusado de malos tratos e agochado no caixón dunha cama da vivenda en que vive a súa parella e os seus dous fillos menores de idade.
Este era o momento en que os axentes descubrían ao home, de 40 anos, oculto no dormitorio dos cativos. O detido ten numerosos antecedentes policiais e súa parella tratou de ocultalo porque, segundo lles dixo aos policías, el ameazáraa de morte.