CRTVG

Buscar

Detido en Málaga un home que matou ao coidador dun discapacitado

Publicado o 26/07/2019 20:15

Detido en Málaga un mozo de 21 anos acusado de entrar nunha vivenda e matar ao coidador dun discapacitado. O home entrou na vivenda encapuchado o venres de madrugada e foi a propia vítima a que pediu auxilio desde a ventá do piso. A detención do presunto autor do crime foi posible grazas á información facilitada polos veciños, que chamaron á policía para informar da presenza dun individuo armado e co rostro cuberto. De feito, foron os propios veciños os que impediron que saíra do edificio ata que chegaran os axentes.

Noticias web

26/07/2019