CRTVG

Buscar

Detido en Lugo un rapaz de 18 anos acusado de secuestrar a súa moza menor de idade

Publicado o 08/03/2019 14:27

  Axentes especiais da Garda Civil de Valladolid e Madrid irromperon nunha vivenda da rúa Amizade de Lugo para deter un rapaz de 18 anos, acusado de secuestrar a súa moza, menor de idade, á que fora buscar ao instituto, en Olmedo, localidade de Valladolid. Tras presentar a familia da menor unha denuncia por secuestro, un dispositivo especial achegouse a Lugo para entrar na vivenda e proceder a devolver a rapaza, que foi levada ao hospital para avaliar o seu estado. A investigación da Garda Civil segue aberta, mentres prestan declaración o detido, a rapaza e o círculo familiar dos dous.

Noticias web

08/03/2019