CRTVG

Buscar

Detido en Lugo un home cun coitelo por violencia machista

Publicado o 22/03/2021 17:08
Detido en Lugo un home cun coitelo por violencia machista

A policía de Lugo detivo un home que portaba un coitelo de grandes dimensións e buscaba a súa muller. Os axentes recibiron unha chamada na que alertaban de que o detido, de 29 anos, tentaba entrar nun portal, buscando o fillo e a súa parella.

Cando chegaron, atopárono na rúa e confesoulles que tivera unha discusión con ela. A muller, localizada pouco despois, asegurou que o home a agredira e ameazara de morte en varias ocasións, pero nunca presentara denuncia.

Noticias web

22/03/2021