CRTVG

Buscar

Detido en Lugo por desobediencia e resistencia grave á autoridade

Publicado o 27/04/2021 14:41

Con actitude desafiante, así responde este mozo cando os axentes tratan de identificalo. Forcexa con eles tras advertirlle que será trasladado a dependencias policiais.

"Os axentes solicítanlles identificarse, todos o fan de forma voluntaria agás un mozo que se amosa de forma desconsiderada cos policías", explica Eva Real, policía local.

A situación empeora cando tratan de que entre no coche patrulla.

"No momento en que se achegan ao vehículo patrulla amosa gran resistencia e desobediencia ás ordes dos policías, trata de zafarse deles conseguíndoo e funxindo", engade a axente.

Pero horas máis tarde é identificado e detido. Está acusado dos delitos de desobediencia e resistencia á autoridade. Ademais foi proposto para sanción por incumprimento das normas sanitarias. A intervención foi en Lugo durante a celebración dun botellón no parque Rosalía.

Noticias web

27/04/2021