CRTVG

Buscar

Detido en Lugo por causar desordes, ir sen máscara e resistirse á policía

Publicado o 18/12/2020 13:35

A Policía Nacional detivo un veciño de Lugo de 35 anos de idade por causar desordes públicas nesta rúa Divina Pastora do barrio da Milagrosa. Ademais, o home resistiuse e mesmo tentou agredir os axentes que acudiron prendelo. 

Segundo o atestado policial, o home estivo toda a tarde increpando as persoas que circulaban pola rúa e os clientes dos locais de hostalería. E coa agravante de que non levaba posta a máscara neste barrio que foi dos màis castigados polo coronavirus e mesmo estivo confinado no verán.

"Botábase á rúa e protestaba por poñer a máscara", asegura Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional en Lugo. As forzas de seguridade recibiron o aviso de que este home estaba rompendo cadeiras e causando molestias na rúa Divina Pastora.

A policía tivo quer acudir ata en tres ocasións para que o individuo depuxera a súa actitude pero, ao cabo de marchar os axentes, volvía ás andadas.

Segundo algunhas testemuñas, podería estar baixo a influencia dalgún tipo de sustancia psicoactiva. Na cuarta vez que acudiu a policía, o home encarouse cos axentes e mesmo colleu unha silla dunha terraza para utilizala como arma arroxadiza.

O individuo pasou a noite nos calabozos da Policía Nacional de Lugo e esta mesma mañá foi posto a disposición xudicial. Trátase dun vello coñecido das forzas de seguridade que xa foi detido en múltiples ocasións.

Noticias web

18/12/2020