CRTVG

Buscar

Detido en Arteixo cando portaba 35 gramos de haxix

Publicado o 10/06/2021 12:50
Detido en Arteixo cando portaba 35 gramos de haxix

A Garda Civil detivo nun local de hostalería de Arteixo un home que tiña con el algo máis de trinta e cinco gramos de haxix. O produto estaba marcado cunha imaxe e o nome de Pablo Escobar, ao modo das utilizadas polas redes de narcotraficantes para sinalar as resinas de calidade superior. Alguén que viu o home, supostamente, negociando coa droga chamou a Garda Civil e, ao pouco, detivérono como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Noticias web

10/06/2021