CRTVG

Buscar

Detido con droga escondida tras a máscara

Publicado o 01/09/2020 12:13

A máscara serviulle a un veciño do barrio ourensán de Covadonga para tapar algo máis que a boca e o nariz.

Dentro escondía nove bolsiñas de cocaína e heroína. En total, sete gramos que tratou de engulir cando a policía lle pedíu que retirase a máscara. Fuxiu correndo, pero conseguiron detelo e que cuspise a droga.

O home ten 52 anos, é natural de Suíza e xa ten unha detención anterior.

Noticias web

01/09/2020