CRTVG

Buscar

Detidas seis persoas en Xaén por reteren un mozo que acudiu a mercar droga

Publicado o 06/05/2021 08:28
Detidas seis persoas en Xaén por reteren un mozo que acudiu a mercar droga

A Policía Nacional prendeu seis persoas en Xaén. Presuntamente ameazaron e retiveron durante tres días un mozo que acudiu á súa casa a mercar droga. A vítima conseguiu fuxir dos captores e, ao ir buscar o coche, decatouse de que llo roubaran.

Denunciou que o encerraron nunha narcosala, que se apoderaran do seu carné de identidade, do teléfono móbil e das tarxetas do banco. Ao parecer, querían levalo a unha xestoría para quedar co seu vehículo.