CRTVG

Buscar

Detidas seis persoas en Ourense polo asalto violento a unha vivenda no Pereiro de Aguiar

Publicado o 26/03/2021 13:58
Detidas seis persoas en Ourense polo asalto violento a unha vivenda no Pereiro de Aguiar

En Ourense, a Garda Civil resolve un roubo violento rexistrado, hai seis meses, nunha vivenda próxima á cidade. Os axentes detiveron os seis encapuchados que ameazaron a propietaria da casa e levaron xoias e cartos por valor de quince mil euros.

Os detidos acaban de quedar en liberdade, tras prestar declaraciòn no xulgado. Son seis homes, dentre vinteseis e corenta anos, con relación de parentesco e antecedntes por outros roubos. Desta volta, a Garda Civil atribúelles un delito de roubo con intimidación polo asalto violento a unha muller de setenta e un anos cando entraba na súa casa, no Pereiro de Aguiar. Eran as once da noite do pasado vinte de setembro.

A Garda Civil arrestounos esta semana, logo de seis meses de investigación e cinco rexistros nas súas casas, en Maceda, Ourense, O Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz.

Noticias web

26/03/2021