CRTVG

Buscar

Detidas oito persoas e intervidas cinco toneladas de haxix nunha operación antidroga en Andalucía

Publicado o 03/05/2021 10:36
Detidas oito persoas e intervidas cinco toneladas de haxix nunha operación antidroga en Andalucía

Novo golpe contra o narcotráfico no sur da Península. Imos á redacción. Trátase dun dos grupos de narcos máis activos do país, unha banda organizada con conexións e ramificacións en Europa e o norte de África. A banda estaba conectada coa camorra napolitana. 

Son oito detidos e cinco toneladas de haxix intervidas nunha operación da garda civil que desartellou unha banda adicada ó narcotráfico que operaba na costa andaluza e dende aí movía a droga a toda Europa.

Os axentes, informados dun importante alixo que a banda pretendía introducir na Península polas costas de Andalucía, conseguiron interceptar o cargamento e deter varios dos responsables. A operación tamén comprendeu rexistros domiciliarios en Estepona e Málaga, nos que tamén fixeron varias detencións e interviñeron máis de douscentos mil euros en metálico, xoias, vehículos de alta gama e material informático.