CRTVG

Buscar

Detidas en Lugo dúas mulleres bébedas que morderon un policía

Publicado o 21/05/2021 13:50

Dúas mulleres en estado de embriaguez foron detidas en Lugo por, presuntamente, atacar varios axentes da Policía Nacional. Debido aos altercados que estaban xerando na praza da Liberdade, onde estaban a pelexar e a increpar os viandantes, os veciños requiriron a presenza policial. Cando as patrullas acudiron, comprobaron que unha das implicadas precisaba asistencia médica. Daquela chamaron a unha ambulancia para que a levase ao hospital, pero cando chegou comezaron a agredir os policías. A un deles mesmo o morderon nun brazo.

Jaime Legarra, camareiro: "Había aquí unha liorta de dúas mozas contra un señor que estaba aí ensangrentado. Entón chegaron dúas unidades da Policía Nacional, outra municipal e unha ambulancia do Sergas, e levaron polo menos unha delas detidas".

Finalmente, ambas as dúas detidas recibiron asistencia médica nas dependencias policiais, onde permaneceron ata que pasaron a disposición da xustiza.



 

Noticias web

21/05/2021