CRTVG

Buscar

Detidas dez persoas como principais responsables da agresión a dous policías no poboado do Vao

Publicado o 08/05/2020 19:50

Recibiron a policía a pedradas e acabaron detidos. En Poio, a Garda Civil arrestou hoxe dez persoas do poboado do Vao que o pasado luns atacaron varios axentes da Policía Local. Dous tiveron que ir ao hospital. Esta tarde pasaron a disposición xudicial acusados de atentado, resistencia á autoridade e danos materiais en dous coches. E todo comezou porque un dos axentes identificou un veciño que estaba saltando o confinamento.

O Vao, coñecido en Pontevedra como o supermercado da droga, rexistra habitualmente un importante movemento de xente. Durante toda a semana, Garda Civil e Policía Local fixeron controis permnentes en todas as saídas e entradas ao poboado. Mesmo contaron co apoio dun dron de vixilancia.

Noticias web

08/05/2020