CRTVG

Buscar

Detida unha veciña de Lugo por estafarlle 50.000 euros a unha muller maior

Publicado o 18/08/2020 13:46
Detida unha veciña de Lugo por estafarlle 50.000 euros a unha muller maior

A Policia Nacional detén en Lugo unha muller de 46 anos por estafar 50.000 euros e outros obxectos de valor a unha anciá coa que entablara amizade.

A denuncia presentárona familiares da da vítima, que vive nunha residencia de maiores. A anciá desapareceranlle 50.000 euros da conta de aforros e do seu domicilio desapareceron xoias, electrodomésticos e roupa.

Tras as investigacións, os axentes desterminaron que a autoría da estafa estaba relacionada coa amizade que a señora "mantiña cunha empregada dun comercio ao que acudía habitualmente", antes de estar ingresada na residencia de maiores.

A Policía Nacional de Lugo puido comprobar que a muller sospeitosa "acudira á entidade bancaria canda a vítima" para retirar a cantidade de cartos sinalada, despois de recollela na residencia, e que posteriormente a volveu deixar no centro de maiores.