CRTVG

Buscar

Detida unha muller en Almería por esganar o seu fillo de sete anos

Publicado o 10/10/2019 20:42

Eran as 10 e media da mañá cando a suposta parricida chamou á porta desta casa de El Ejido.

"Baixou do coche e dixo: Ana, ven axudarme a sacar o neno. E pedíame axuda para sacalo, metelo aquí e que lle abrise as portas do almacén para meterse. Como lle vou abrir as portas da miña casa se eu vía o neno moi mal? E que fago? Pois levalo ao hospital".

Foi esta veciña a que chamou unha ambulancia e a Garda Civil. Os servizos médicos xa non puideron facer nada por salvarlle a vida ao rapaz. E os axentes detiveron a muller alí mesmo. Os primeiros indicios apuntan a que o cativo foi estrangulado, pero será a autopsia a que teña que confirmalo.

Agora os investigadores queren saber onde se produciu a agresión. Quizais atopen pistas no rexistro da vivenda da muller.