Detida en Monforte por subtraer 30.000 euros en xoias da casa onde traballaba
Publicado o 07/06/2021 13:23

Detida en Monforte unha muller acusada de subtraer xoias e cartos na casa onde traballaba como coidadora. As xoias están valoradas en 30.000 euros.
A policía conseguiu recuperar parte delas, así como sete mil euros en efectivo. O resto das xoias vendeunas en varios establecemento de compravenda, causando tamén prexuízos a estes empresarios, que a van denunciar por estafa.
A detida prestaba os seus servizos atendendo un matrimonio de idade. Foi a neta quen se decatou da falta dos obxectos e presentou denuncia na comisaría.