CRTVG

Buscar

Detida de novo a doutora Noelia de Mingo por acoitelar dúas mulleres

Publicado o 20/09/2021 21:30

Era mediodía cando sucedía. Noelia de Mingo, a médica que matou en 2003 tres persoas na fundación onde traballaba, volvía apuñalar, desta volta, 2 mulleres.

No vídeo vese como intenta agredir tamén a Policía, minutos despois da agresión no interior dun supermercado. Unha das mulleres conseguiu fuxir e refuxiarse nunha farmacia. Están ingresadas con prognóstico grave e moderado.

A Policía conseguiu reducila moi cerca do supermercado, e tamén da súa casa de El Molar, a localidade madrileña onde vive coa súa nai. Os veciños auxiliaron as vítimas e algúns mesmo conseguiron afastala dos viandantes.

De Mingo saíu en 2017 do centro psiquiátrico penitenciario de Alacante onde fora internada por un máximo de 25 anos. Facíanlle seguimento cada 15 días no centro de saúde de El Molar. Logo da detención foi ingresada na área de psiquiatría do Hospital Infanta Sofía de Madrid e, polo momento, descoñécese cando pasará a disposición xudicial.

A doutora Noelia de Mingo fora condenada por acoitelar ata a morte tres persoas en 2006 na Fundación Jiménez Díaz, o hospital madrileño onde traballaba. Deixara ademais outros cinco feridos. Fora no 2006, agora De Mingo estaba baixo custodia familiar. A Audiencia Provincial decidira hai catro anos que xa podía recibir tratamento ambulatorio. 

Noticias web

20/09/2021