O volcán da Palma volve emitir lava, logo dunha mañá de calma
O cono principal do volcán de Cumbre Vieja volveu emitir lava despois de varias horas en que estivo case parado, segundo os expertos por un posible reaxuste magmático, segundo informou o Instituto Volcanolóxico das Canarias (INVOLCAN).
Imágenes de la erupción hace unos minutos. Se confirma también la reemisión de lava en el cono principal / Images of the eruption a few minutes ago. The re-emission of lava in the main cone is also confirmed #LaPalma pic.twitter.com/bAWqgXu4VH
— INVOLCAN (@involcan) September 27, 2021
Nas últimas horas, o tremor volcánico case desaparecera, así como a actividade explosiva estromboliana; con todo, a actividade sísmica si sufría unha reactivación e desprazábase ao sur.
Foi contra as 8:30 da mañá (hora canaria), cando o volcán que leva oito días en erupción na illa da Palma freou a emisión de cinzas e fume, tras unha noite de constantes explosións.
A columna de fume que dispersaba cinzas por toda a illa desaparecera e apenas se apreciaba actividade no volcán, aínda que non era a primeira ocasión desde o inicio da erupción en que se producen estes períodos de inactividade.
Con todo, a actividade sísmica mantíñase. Segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), chegáronse a detectar 16 terremotos localizados na zona norte de Fuencaliente. O máis intenso localizouse ás 6.05 horas e a unha profundidade de 10 quilómetros, e en xeral, todos están por encima de magnitude 2 e a profundidades que oscilan entre os 9 e os 13 quilómetros.
A fronte de lava, que por Todoque avanzou un quilómetro en 3 horas, ralentizou a súa progresión ao encontrarse cunha elevación do terreo, e anticipar que camiño seguirá é a maior preocupación das autoridades.
A previsión é que a coada chegue á costa nas próximas horas, cortando o paso pola estrada que comunica varios núcleos de poboación dos LLanos e Tazacorte.