Deteñen unha muller en Becerreá por negarse a usar a máscara nunha entidade bancaria
Detiveron unha veciña de Becerreá por negarse a usar a máscara dentro dunha entidade bancaria e enfrontarse aos axentes.
Cando os empregados lle pediron que puxera a protección, ofrecéndolle incluso unha máscara, a muller comezou a insultalos e a berrar e chegou mesmo a tirar ao chan parte do material publicitario que había na oficina.
Alertaron a Garda Civil, que se presentou de inmediato. Trataron de calmala e pedíronlle de novo que puxera a máscara, e a muller volveu responder con violencia atacando un dos axentes.
A muller foi detida e, debido ao seu estado de alteración, os axentes solicitaron asistencia sanitaria. Impútanselle os delitos de desobediencia, resistencia e atentado á autoridade e tamén foi denunciada por incumprir as normas sanitarias.