CRTVG

Buscar

Deteñen un vendedor de droga nunha rúa de Fisterra

Publicado o 29/04/2021 14:40
Deteñen un vendedor de droga nunha rúa de Fisterra

A Garda Civil prendeu un veciño de Fisterra como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Os axentes collérono na allada en plena rúa cando ía facer unha venda de droga. Comisáronlle 14 bolsas de plástico cun total de 11 gramos e medio de cocaína, case dous gramos de haxix e 205 euros.

Tamén por un presunto delito contra a saúde pública prenderon en Rianxo un veciño da Pobra do Caramiñal. Parárono nun control de tráfico. Os axentes observaron que trataba de agochar algo na man dereita. Incautáronlle 10 gramos e medio dunha substancia semellante á cocaína e case un gramo de heroína.