CRTVG

Buscar

Deteñen un veciño do Saviñao con 260 plantas de marihuana nunha leira

Publicado o 04/09/2021 13:26

Deteñen un veciño do Saviñao ao que lle requisaron 259 plantas de marihuana. Foi na parroquia de Vilacaíz. A Garda Civil investigaba unha vaga de roubos na zona cando deron cunha leira cercada con tea plástica.

Ao acceder atoparon 259 plantas de marihuana, de diferente tamaño e especie. 126 delas medían entre 150 e 200 centímetros. O detido, que está acusado dun suposto delito contra a saúde pública, foi posto a disposición xudicial.

Noticias web

04/09/2021