CRTVG

Buscar

Deteñen un veciño do barrio coruñés de Palavea tras intentar esganar a súa parella

Publicado o 20/05/2021 13:23
Deteñen un veciño do barrio coruñés de Palavea tras intentar esganar a súa parella

A Policía Local da Coruña detivo un veciño do barrio de Palavea tras intentar esganar a súa parella. Os feitos ocorreron na vivenda que compartían.

Segundo relatou a vítima, o home golpeouna cos puños e os pés por todo o corpo e logo intentou esganala. Os axentes comprobaron que a muller presentaba hematomas e sangraba por un labio, polo que precisou de asistencia sanitaria. O presunto agresor foi localizado polo 092 no barrio de Elviña e posto a disposición xudicial.

Noticias web

20/05/2021