CRTVG

Buscar

Deteñen un veciño de Foz por intentar atropelar a súa exsogra

Publicado o 20/11/2020 11:09
Deteñen un veciño de Foz por intentar atropelar a súa exsogra

Un veciño de Foz está acusado de intento de homicidio por intentar atropelar a súa exsogra. Ao parecer, a muller cruzaba nun paso de peóns, o detido ao aproximarse a ela acelerou e a muller tivo que correr ata a beirarrúa para non ser atropelada polo vehículo.

A muller identificouno no momento, o que propiciou a súa detencion. Ao detido tamén o acusan de quebrantar as medidas cautelares que lle impuxera o xulgado.

Noticias web

20/11/2020