Deteñen un veciño de Boiro, a quen denunciaran por non levar máscara, por agredir uns policías
Publicado o 09/03/2021 17:27
Un veciño de Boiro acabou detido por desacato á autoridade, ameazas e agresión aos axentes de Policía Local. Este é o momento da detención.
O primero enfrontamento tívoo cando os policías estaban controlando as medidas anticovid-19 nun bar, onde estaba esta persoa sen usar a máscara. Aseguran que, malia que este veciño se amosou en todo momento agresivo, eles trataron de tranquilizalo.
O detido tiña sinais evidentes de estar bébedo e un pouco despois ao velo circular no coche pola vila parárono para detelo, unha detención á que se resistiu, como amosan estas imaxes.