CRTVG

Buscar

Deteñen un mozo por intento de agresión cun coitelo nun local da Coruña

Publicado o 29/05/2021 12:56

Hostaleiros da Coruña alertan dos episodios violentos que viviron nas últimas semanas.
O último foi o venres, en pleno centro da cidade.

Un empregado dun local tivo un incidente cun home que se negaba a abandonar o establecemento despois de provocar un altercado no seu interior. Cando saíron fóra o mozo quixo lanzarlle un coitelo e fixo varios intentos de agresión.

Vivíronse momentos de moita tensión ata que, minutos despois, chegou unha patrulla da polícía local e detivo o agresor.

Noticias web

29/05/2021