Deteñen un mozo na Rúa acusado de acoitelar outro durante unha pelexa
Publicado o 19/08/2019 11:22

A Garda Civil detivo un mozo de 18 anos no concello ourensán da Rúa acusado de acoitelar a outro durante unha pelexa. Os feitos aconteceron na madrugada do domingo. O ferido, de 31 anos, precisou asistencia médica por lesións no tórax e nun ombreiro.
Os axentes incautáronlle ao detido dúas navallas e un martelo. Impútanlle, ademais dun delito de lesións, outro de roubo con forza xa que o consideran responsable dos danos en varios vehículos aparcados na zona de Campo Grande, na propia localidade da Rúa.
A Garda Civil investiga os motivos da lea que acabaron coa agresión por arma branca. O detido parasará nas vindeiras horas a disposición xudicial.