CRTVG

Buscar

Deteñen un mozo en Lugo por mallar na nai na rúa

Publicado o 14/02/2020 13:13

Un mozo lugués foi detido por presuntamente maltratar a nai. Foi un veciño quen alertou a policía, xa que dende o seu domicilio puido ver como o detido golpeaba a muller e esta caía ao chan. O relato da testemuña foi corroborado pola vítima no momento da detención do fillo.

O mozo, que ten antecedentes policiais, está acusado dun delito de violencia doméstica.

Noticias web

14/02/2020