Deteñen un mozo en Lugo por ameazar outros cunha navalla
Publicado o 18/08/2020 11:41
En Lugo, detiveron un mozo por ameazar outras persoas cunha navalla na zona histórica. O detido intimidaba as súas vítimas para que lle desen a tarxeta e o pin, e logo el poder sacar os cartos nun caixeiro.
Os feitos foron denunciados a unha patrulla de vixilancia urbana. Os axentes detiveron o mozo xusto cando levaba a cabo outro atraco. Ao ser identificado, a policía comprobou que tamén fora detido por roubar nos rochos do edificio onde vive e denunciado por levar unha arma de simulación.