CRTVG

Buscar

Deteñen un mozo en Bilbao por máis de medio cento de abusos sexuais a menores

Publicado o 17/12/2020 08:29

Deteñen en Bilbao un mozo de 22 anos ao que investigan por máis de medio cento de delitos de agresión sexual, abusos, corrupción de menores e distribución de pornografía infantil.

Contactaba coas vítimas a traves de chats de Internet facéndose pasar por un adolescente. Unha vez establecida amizade, pedíalles fotos, e unha vez que llas enviaban coaccionábaos para que lle enviasen material de sexo explícito.

Por iso, desde a Garda Civil envían tamén unha mensaxe a pais e fillos para que estean alerta ante este tipo de delincuentes.

Noticias web

17/12/2020