CRTVG

Buscar

Deteñen un mozo de 20 anos en Pontevedra por causar estragos en varios coches e nunha tenda

Publicado o 12/05/2021 13:07
Deteñen un mozo de 20 anos en Pontevedra por causar estragos en varios coches e nunha tenda

Un mozo de 20 anos, con antecedentes policiais, foi detido en Pontevedra tras causar danos en varios coches que estaban estacionados na rúa. Foi unha testemuña que o víu golpeando os veículos a que alertou ás forzas de seguridade. Tras localizalo, o mozo fuxiu. Coa axuda dun Garda Civil que estaba fóra de servizo, os axentes da Policía Nacional lograron detelo e puxérono a disposición do xulgado de instrucción de garda.

Tras inspeccionar a zona os axentes detectaron varios coches nas rúas Sagasta e Filgueira Valverde que tiñan os espellos retrovisores estragados, rabuñaduras na carrocería e golpes nas portas. Ademais, a responsable desta tenda de roupa tamén denunciou que o mozo lle rompeu o arco de seguridade da porta, avaliado nuns 500 euros e que segue pendente de reparación.

Noticias web

12/05/2021