CRTVG

Buscar

Deteñen un menor de 17 anos en Tarragona acusado de arrincarlle os ollos ao traballador dun hotel

Publicado o 06/07/2021 20:04
Deteñen un menor de 17 anos en Tarragona acusado de arrincarlle os ollos ao traballador dun hotel

En Tarragona, os Mossos d'Esquadra deteñen un menor de 17 anos acusado de arrincarlle os ollos ao traballador dun hotel. Os feitos ocorreron esta noite pasada. O rapaz estaba sufrindo un ataque psicótico e súa nai chamou os servizos de emerxencia. Mentres non chegaron, o mozo atacou un empregado de 62 anos. Tirouno ao chan e deulle patadas e puñadas. O home está ingresado no hospital en estado moi grave. O menor tamén lle pegou a un Mosso que acudiu a reducilo.
 

Noticias web

06/07/2021