CRTVG

Buscar

En liberdade o acusado de abusar de varias pasaxeiras no tren Vigo-Madrid

Publicado o 04/12/2019 18:57

O mozo con chaleco amarelo e gorra destas imaxes das cámaras de seguridade da estación está acusado de abusos sexuais a catro mulleres no tren que fai a ruta Vigo-Pontevedra. Foi detido pola Brigada Móbil de Madrid o pasado luns. É un home de 21 anos que reside no municipio de Soutomaior, en Arcade, e con antecedentes por delitos de natureza sexual. De feito tiña vixentes dúas ordes de afastamento de anteriores vítimas de abusos.

Renfe recibiu numerosas denuncias dende o pasado mes de agosto de mulleres que sufriron tocamentos no tren, e a Policía Nacional trasladou efectivos da capital á Vigo para investigalo. Dous axentes de paisano subiron ao tren de media distancia que pasa por Arcade en dirección a Vigo e descubriron o sospeitoso, que opuxo moita resistencia no momento da detención. Prestou declaración ante o xuíz de instrución numero 8 de Vigo e logo dun exame forense e psicolóxico quedou en liberdade con cargos.

 

Noticias web

04/12/2019