Deteñen un home por roubar colmeas nun monte de Meira, en Moaña
Publicado o 04/05/2020 14:32
A Garda Civil investiga un home que, saltando o confinamento, roubou varias colmeas nun monte comunal da parroquia de Meira, en Moaña.
Os axentes interceptaron a furgoneta en que viaxaba polas pistas da zona forestal da Cerradiña. Cando rexistraron o vehículo atoparon os compoñentes das colmeas que foran subtraídas nunha explotación apícola da zona.
Ao home impútanlle un delito de roubo e tamén foi denunciado por incumprir as restricións de mobilidade.