CRTVG

Buscar

Deteñen un home por ir sentado nun tobogán enriba dun coche en Cádiz

Publicado o 03/03/2020 15:06

Estampa sorprendente a que atoparon varios condutores que viaxaban por unha estrada de Chiclana, en Cádiz. Un vehículo circulaba de forma temeraria, cunha persoa subida nun tobogán, colocado sobre o teito do coche.

Tras percorrer varios quilómetros, finalmente o coche acabou soterrado na area da praia do Palmar. Foi alí onde a Garda Civil localizou e detivo os dous ocupantes do vehículo, acusados dun delito contra a seguridade do tráfico.

Noticias web

03/03/2020