Deteñen un home por facer xestos obscenos preto dunha escola de Teo
Publicado o 15/01/2020 14:27
A hora do recreo deste martes no Colexio de infantil e primaria dos Tilos discorría como a de calquera outro día, ata que ás encargadas da vixilancia nun dos patios lles chamou a atención o comportamento obsceno dalguén que espreitaba polo exterior do recinto. Desde o centro alertaron a Policía Local.
A intervención policial rematou coa detención do sospeitoso, que arestora está pendente de pasar a disposición xudicial. Tanto desde o Concello como desde a Policía Local destacan a importancia da colaboración de todas as entidades e os cidadáns para evitar problemas maiores.