CRTVG

Buscar

Deteñen un home no partido entre o Deportivo e o Lugo por presuntos abusos sexuais

Publicado o 20/05/2019 14:20

En Lugo, foi detido un home por presuntos abusos sexuais durante o partido de fútbol que se disputou onte na cidade entre o Lugo e o Deportivo. A vítima é unha afeccionada que durante o encontro se achegou ata os axentes que velaban pola seguridade e lles manifestou que un home lle estaba a facer tocamentos de forma continuada. Ambos estaban sentados na mesma bancada reservada para o seguidores do Deportivo.

O home, de 36 anos e veciño da Coruña, foi detido nas inmediacións do estadio e trasladado á comisaría da Policía Nacional e esta mañá pasou a disposición xudicial.

Os axentes que levan o caso están pendentes da declaración de testemuñas e do visionado de imaxes para tratar de esclarecer os feitos.

Noticias web

20/05/2019