CRTVG

Buscar

Deteñen un home na Coruña por acoitelar un compañeiro de piso

Publicado o 10/01/2020 14:29

A Policía Nacional da Coruña prendeu un home, de 43 anos e con numerosos arrestos anteriores, por acoitelar o seu compañeiro de piso tras unha discusión.

Os feitos tiveron lugar o mes pasado de decembro nun edificio próximo á praza das Conchiñas. Ao lugar achegáronse varias dotacións do 091 alertadas por un veciño, despois de ver na rúa un home con varios cortes no antebrazo e sangrando. Alí mesmo, a vítima contoulles aos axentes que o acoitelara o seu compañeiro de piso.

Pouco despois, a policía atopou o presunto agresor no domicilio e comprobou que xa existía unha reclamación xudicial para dar co seu paradoiro. Prendérono por un delito de lesións e non por un suposto homicidio, porque as feridas non eran moi profundas.

Noticias web

10/01/2020