Deteñen un home en Viveiro acusado de abusar da filla da súa parella
Publicado o 21/10/2019 14:29
A Policía Nacional detivo un home de mediana idade acusado de abusar sexualmente dunha nena de doce anos en Viveiro. A nena é a filla da súa parella.
Os feitos xa se denunciaron hai uns días, pero o individuo estaba fóra do país e non puido ser detido ata que regresou.
Este home aproveitábase da relación de superioridade que tiña coa menor a tamén da ausencia da súa parella para abusar sexualmente da nena.