CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Vitoria acusado dunha agresión sexual

Publicado o 07/08/2019 19:25
Deteñen un home en Vitoria acusado dunha agresión sexual

Deteñen un home de 31 anos en Vitoria por un intento de agresión sexual a unha muller nas inmediacións dunha estación de servizo.

Os axentes da Ertzainza detiveron o sospeitoso baseándose nas imaxes das cámaras de seguridade da propia estación de servizo onde se produciu o ataque o domingo pasado.

Cando a vítima saía da tenda da gasolineira, o presunto agresor abalanzouse sobre ela. Despois dun forcexo entre ambos os dous, o agresor fuxiu do lugar.

 

 

Noticias web

07/08/2019