Deteñen un home en Vigo que vendía droga con cita previa
Publicado o 28/05/2020 15:00
En Vigo, na zona da Doblada, a Policía Nacional detivo un home que vendía doses con cita previa. Poñíalles hora aos clientes e quedaba con eles en varias rúas do barrio, mesmo de madrugada. O home, que vendía haxix, contaba con 8 detencións anteriores por delitos similares.
Con este arresto, a policía dá por erradicado un punto negro de venda de droga neste céntrico barrio de Vigo. Unha situación que os veciños levaban tempo denunciando.