CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Valencia relacionado coa desaparición de Wafaa Sebbah

Publicado o 17/06/2021 08:52
Deteñen un home en Valencia relacionado coa desaparición de Wafaa Sebbah

A Garda Civil detivo nunha vila de Valencia un home relacionado coa desaparición de Wafaa Sebbah. Foi na localidade de Manuel, o home ten 30 anos e antecedentes por violencia machista. Os investigadores pensan que pode ter algo que ver coa desaparición da moza alxeriana de 19 anos que foi vista por última vez en novembro de 2019 en Carcaixent, tamén en Valencia. Segundo os investigadores, o detido coñecía a Wafaa e acosáraa porque quería manter relacións sexuais con ela, pero a moza dáballe negativas. Os axentes tamén rexistraron a vivenda do sospeitoso. 

Noticias web

17/06/2021